1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

310512 ehGaliza - CNT - O vindeiro xoves 31 de maio, ás 17.00, nunha das súas habituais maniobras de ocultación, o concello de Compostela quere aprobar unha nova Ordenanza de ocupación e uso da vía pública coa que, entre outras cousas, se pretende:


-Cobrar unha fianza polo uso do espazo público aínda que sexa para actividades sen ánimo de lucro.

-Cobrar polos puntos de acceso a rede eléctrica e o uso dos servizos públicos.

-Prohibir o uso de todo aparello de megafonía.

-Esixir autorización para todo acto celebrado na rúa.

-Desautorizar en calquera momento un acto xa foi autorizado, etc.

Na tradición do defunto fascista de Vilalba, que dixo aquilo de "La calle es mía" mentres asinaba penas de morte ou ordenaba masacrar ós traballadores de Vitoria, e que xa intentou seguir Conde Roa, o alcalde breve, o concello reprime, controla e prohibe toda iniciativa do tecido asociactivo de Compostela, establecendo requisitos burocráticos e económicos arbitrarios, absurdos e inxustos, e penalizando e controlando toda posibilidade de cultura social.

Por iso chamamos a asistir á cacerolada/concentración que terá lugar na praza do Toural o xoves 31 ás 17.00.

Ademáis presentaranse alegacións cos documentos de firmas da ligazón de abaixo no Rexistro do Concello o mesmo xoves ás 12.00.

Tamén se pode alegar na páxina web do Concello, en: http://www.santiagodecompostela.org/contactos_concello.php?lg=gal

NON Á PRIVATIZACIÓN DAS RÚAS!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.