1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

170914 concentracomGaliza - CIG - A CIG-Ensino denunciou esta mañá, no decurso da concentración convocada coincidindo coa inauguración do curso escolar no centro Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, a hipocrisía das institucións que participaron no acto: Monarquía, Xunta, Ministerio e Consellaría de Educación.


"Veñen inaugurar o curso, nun centro público, institucións que son precisamente as artífices do seu desmantelamento", afirmou Anxo Louzao.

O secretario nacional da CIG-Ensino denunciou ademais que malia ter solicitado e concedido, en tempo en forma, o permiso de concentración a policía impediu ás persoas congregadas diante do centro Ben-Cho-Shey colocarse en fronte do propio colexio.

Louzao explica que as e os asistentes á mobilización foron desprazados varios metros para que cando pasara a comitiva "os señores monarcas non nos viran". Pero o máis grave é que un grupo dunhas 40 ou 50 persoas foron retidas a un quilómetro de distancia e non se lles permitiu avanzar até que non pasaron os reis. Unha actuación policial coa que a CIG-Ensino considera que se conculcaron os seus dereitos fundamentais, nomeadamente o dereito á liberdade de expresión.

A pesar disto, a Plataforma conseguiu o seu obxectivo, desenmascarar este tipo de actos que Louzao cualificou como "propagandísticos, cargados de cinismo e hipocrisía", ao que engadiu que "non nos pasa desapercibido que sexa a monarquía española quen veña inaugurar o curso a Galiza porque tanto esta institución, como o ministro de Educación, ou a consellaría, están ao servizo da españolización, da defensa dos intereses do ensino privado, clasista e confesional".

Para a CIG-Ensino é "unha tomadura de pelo, un sarcasmo e unha provocación" que se inaugure ademais o curso nun concello e nun centro "ao que se lle negou no seu día a ampliación dunha unidade e porén simultaneamente, se concertaba con dous centros privados no mesmo concello".

O portavoz da plataforma e secretario nacional de CIG-Ensino tamén considerou outra provocación que para o acto oficial se escollera precisamente un centro que leva o nome de Ben-Cho-Shey , "unha persoa da historia do noso país que tiña ideais diametralmente opostos ao que poden representar as institucións e persoas que están inaugurando este curso", dixo.

Con esta mobilización a Plataforma e a CIG tiñan ademais como obxectivo denunciar a posta en marcha dun curso escolar conflitivo, pola supresión de 63 unidades no ensino público mentres se amplían en 79 as unidades no privado concertado e pola aplicación da LOMCE, que introduce novos recortes na ensinanza pública, pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

A este respecto Louzao denunciou o "cúmulo de despropósitos" da consellaría, pola publicación dos currículos cando xa estaba comezado o curso e a actitude do propio conselleiro de Educación "sobre o que pesa máis o seu posicionamento ideolóxico, a súa submisión absoluta aos mandatos de Madrid e a defensa dunha visión retrógrada e reaccionaria do ensino que o seu deber de estar ao servizo dun sistema educativo galego de calidade, que defenda a normalización lingüística e que garanta unha praza e un ensino de calidade a todas e todos os cidadáns galegos".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.