1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

1211026143 fGaliza - LEG - Hai un mes a RAG declarou que Filgueira Valverde será o homenaxeado no Día das  Letras Galegas 2015. Este home foi escritor prolífico e moi culto, membro do Seminario de Estudos Galegos e Conselleiro de Cultura a comezos dos oitenta.


Mais tamén foi axitador golpista no ano 36, e colaborou activamente co réxime fascista sendo alcalde de Pontevedra, deputado nas Cortes franquistas e xuíz nun Tribunal Tutelar de Menores (o cal reprimía calquera conducta xuvenil afastada dos valores morais do réxime e da familia tradicional). E non digamos da ineficaz política de normalización lingüística que realizou sendo membro da Xunta de Galicia.

Esta cara da vida privada de Valverde, ocultada pola RAG e a Xunta de Galicia, non se corresponde co esixido pla RAG nos requisitos para homenaxear a alguén o 17 de maio: “A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe.” Porén, a cultura oficial amosa a súa falta de compromiso coa memoria histórica e aposta por unas letras galegas non reivindicativas, senón folklóricas, tradicionalistas e cultistas. Unha vez máis, a RAG rexeita a Manuel María (escritor moi achegado ao pobo e á sociedade) e a Carvalho Calero (marxinado aínda hoxe pola súa defensa do reintegracionismo) nun contexto marcado pola represión da nosa lingua (nas escolas e nas rúas) perante o fortalecemento do castelán, realizado pola Xunta mediante o decreto do plurilingüismo “harmónico” e polo Goberno español mediante a españolizadora LOMCE. As propias institucións da Galiza colaboran co centralismo desta falsa democracia e abandonan o proxecto de normalización lingüística, defenden a lingua dominante do colonialismo español e incluso reprimen aos que intentamos defendela, como no caso do 8F.

Así pois, pretenden que o galego quede restrinxido ao uso folklórico e Galiza sexa una mera rexión dunha España “una, grande y libre”. Mais a Liga Estudantil Galega, xunto con outras organizacións que pulan por una Galiza en galego (entre elas a Mesa, a Asociación de Escritor@s en Lingua Galega, CIG-Ensino e AGAL) asinamos un comunicado rexeitando a malograda decisión da Real Academia Galega (colaboradora da Xunta de Feijóo), e destacando a figura do pobo galego como verdadeiro creador de literatura e cultura.

Adxuntamos aquí o comunicado conxunto:

O xenio criador do Pobo galego. Lingua, cultura e literatura.

Desde a súa institución o 28 de abril 1963 até o pasado 5 de xuño de 2014, a Real Academia Galega escolleu para ser homenaxeada no Día das letras Galegas unha ”figura autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”, tal e como se recolle na acta da sesión onde se decidiu estabelecer esta data tan relevante para a nosa lingua e cultura e que celebra a saída ao prelo da obra mestra da literatura galega contemporánea, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Ao longo destes 51 anos as persoas homenaxeadas nesta data caracterizáronse por seren autoras e autores cunha obra de calidade e un compromiso e achegas claros en defensa da nosa lingua e da nosa cultura fóra de toda dúbida, alén das súas posicións máis ou menos progresistas, máis ou menos conservadoras,máis ou menos relixiosas ou ateas.

Estes dous elementos: lingua e compromiso co país, fixeron do Día das Letras Galegas unha data de reinvindicación da nosa lingua e de festa para a nosa ampla literatura, capaz de unir todo o pobo galego nunha soa voz, sendo xunto co Día da Patria Galega o máis sinalado de Galiza.

As entidades asinantes, que traballamos día a día para a defensa, dignificación e normalización plena da nosa lingua e cultura en centros de ensino, vilas, cidades e todos os recunchos do país, queremos que o Día das Letras Galegas siga a ser a data para festexar a lingua que nos une e darlle á nosa literatura a difusión social que merece.

Queremos que siga a manter o carácter integrador e de unión que sempre tivo, e que debera ser reforzado nun momento de ataques á nosa lingua sen precedentes na etapa democrática como o que padecemos na actualidade.

Filgueira Valverde non pode unir ninguén. O seu papel destacado dentro da estrutura dun réxime como o franquista que perseguiu a lingua e cultura galega e as súas figuras máis relevantes, silenciándoas, exiliándoas ou facéndoas presas, fan del o contrario do que debe ser “exemplo á sociedade galega” e por iso só podemos considerar profundamente desafortunada a decisión tomada pola RAG

O xenio creador do pobo galego a través da súa lingua e a súa literatura, o seu exemplo cívico e de compromiso co país mesmo nas peores circunstancias, debe ser hoxe e sempre o homenaxeado o Día das Letras Galegas, e a el dedicaremos o 2015 como primeiro paso dunha camiñada conxunta e partillada con toda a cidadanía que pretendemos explorar a partir de setembro.

Galiza, 13 de xullo de 2014.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.