1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030416 direitosGaliza - Sermos Galiza - Só no trabalho assalariado no setor primário regísta-se melhor salário médio na Galiza do que no Estado. Nos outros nove ramos de atividades, o salário galego fica por baixo.


A fenda económica entre a Galiza e España ensanchouse coa crise, un alargamento que deixou pegada en questóns como o salario medio anual, que na Galiza está por baixo da media do Estado en todos os sectores agás no primario. E non debemos esquercer que nesta actividade é pouco significativa, dada a escasa entidade do emprego asalariado na mesma, onde boa parte dos e das traballadoras figuran noutros rexistros. No resto dos sectores as maiores diferenzas prodúcense en 'Información e comunicacións' e 'Entidades financeiras', que superan os 5.900 euros e 4.300 euros anuais, respectivamente.

Na 'industria extractiva, enerxía e auga'. O soldo anual medio galego é un 2% inferior ao español (por colta de 700 euros menos anuais), mentres que no setor da 'Industria' esa fenda entre un salario medio español e un galego é de 11% (máis de 2.500 euros ao ano). Na 'Construción e actividades inmobiliarias' tamén os emolumentos medios no Estado español son superiores aos galegos, se ben cunha diferencia moito menor (apenas uns 0,2%). En 'Servizos ás empresas' esa diferencia no salario anual no Estado e na Galiza supera os 2.000 euros anuais, mentres que en 'Servizos sociais' o salaro medio dun galego é de 740 euros menos.

No ano 2014 o salario medio oscila entre o mínimo da Agricultura, gandería, silvicultura e pesca en España (5.980 euros anuais) e Outros servizos persoais e de ocio (8.112 euros) en Galiza e o máximo da rama Entidades financeiras e aseguradoras. Nesta última rama, o salario medio no período 2009-2014 diminúe un 4% en España, mentres que en Galiza faino nun 16%


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.