1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290414 1mcompGaliza - CUT - "LIBERDADE, LOITA E DIGNIDADE, NA DEFENSA DAS NOSAS VIDAS" son as palabras de orde baixo as que o sindicalismo alternativo con presenza en Compostela anima á clase traballadora a participar este primeiro de maio da manifestación que sairá ás 12.30 horas da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño) e que proseguirá cun Xantar Popular ás 14.30 horas no Centro Social A Gentalha do Pichel.


"A reivindicación da liberdade resulta unha urxencia, un imperativo ético, nunha etapa na que o Capitalismo recorta os nosos dereitos e as nosas vidas, a clase traballadora debe volver a asumir o papel que historicamente lle correspondeu: defender a democracia. Pero non esta democracia, a "súa" democracia, unha democracia ao servizo dos grandes negocios e dos seus axentes, falamos de defender nas rúas a democracia popular, que no noso País aínda está por inventar".

Así defende a organización esta convocatoria propia, na que o sindicalismo alternativo e os movementos sociais da cidade serán os protagonistas. "Precisamos deixar claro o que é facer un sindicalismo ao servizo das traballadoras e traballadores, o que é loitar nas rúas e nos centros de traballo por un vida vivible, por unha vida digna. O que é demostrar a través do asemblearismo que a clase traballadora está preparada para asumir todo o conxunto de decisión necesarias para o seu día a día. Existe unha liña vermella e non a colocamos nós, colocárona os sindicatos que se desprenderon dos mínimos principios, así lles vai". Esta convocatoria rematará, tras o xantar popular, co concerto do grupo "Blues do País" e do compostelá "Sesión Vermouth".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.