1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

281213 barcaGaliza - Diário Liberdade - Neste texto de Daniel Bogo (representante dos e das trabalhadores do Parque de Bombeiros de Cee) enviado para o Diário Liberdade denunciam-se irregularidades e meios insuficientes.


Daniel Bogo explica como se desenvolveu o aparelho de extinçom do incendio e as insuficientes medidas em material e organizaçom com as quais a equipa de luita contra os incêndios tivo que enfrentar o acontecido. Reproduzimos a seguir as explicaçons de Bogo:

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades. Podes pagar com cartom bancário ou PayPal.

Microdoaçom de 3 euro:

 

 

Denúncia de Daniel Bogo

"Segundo nos informan bombeiros do parque comarcal de Cee, que participaron nas tarefas de extinción do mosteiro incediado na mañán do día 25, o aviso recibido no parque sobre dito incendio foi en torno as 08:30 horas (cando faltaba media hora para finalizar o seu turno de 24 horas), xusto a continuación da chamada realizada polo particular que deu o aviso.

Os bombeiros (os 3 que estaban de quenda) sairon cunha dotación composta por un camion nodriza e un vehículo de altura, non levando consigo o principal vehículo da dotación, por estar éste sen bomba e sen auga debido a unha avaría de longa duración.

Cando chegaron ao lugar do incidente atoparon que Protección Civil de Muxía xa se atopaba traballando nas tarefas de extinción, pero entenderon que a chegada con antelación de dito grupo era debida á proximidade á que se atopaban do lugar do sinistro.

O incendio, que xa se desenrolaba con gran virulencia, estaba avivado pola apertura da totalidade das portas (algunha incluso fora cortada con motoserra), pois exercía un efecto tiro que osixenaba a combustión. A primeira reacción dos bombeiros foi pechar novamente as portas para reducir este efecto.

Ás 09:00 horas o persoal de quenda entrante (outros 3 bombeiros) disponse a darlle o relevo aos seus compañeiros, dos que descoñecen ónde se atopan e qué están a facer, debido a imposibilidade de comunicación telefónica e á ausencia dunha ferramenta de coordinación co 112 (os ordenadores remotos do 112, retirados do servizo dende o accidente do Alvia, por darse a coñecer aos medios, información relativa á caótica xestión do 24 de xullo). Finalmente lógrase información a través do xefe de parque que se desprazara ata o lugar para ver como se desenrolaban as tarefas de extinción.

As dúas dotacións, 3 bombeiros saíntes (a pesares de estar en folga), xunto cos 3 bombeiros entrantes traballaron cobado con cobado cun motobombista de P.C. Carballo, outro de P.C. Vimianzo e un voluntario de P.C. de Cee, así como coa agrupación antes citada de P.C. de Muxía, nesa mañán de Nadal ata finalizar a extinción.

As tarefas de extinción remataron cun resultado final catastrófico e tras elas sucéndense os comentarios entre os distintos intervintes ou membros dos grupos que participaron. Segundo se nos fai saber dende bombeiros de Cee, tras falar con compañeiros de P.C. de Muxía, dita agrupación xa estaba no lugar do sinistro ás 07:00 horas.

DESCOORDINACIÓN

Os bombeiros xestionados pola empresa NATUTECNIA, denuncian que durante a intervención vivíase un grande caos.

Primeiramente o feito de non poder contactar entre o persoal saínte e o entrante. É dicir, os 3 bombeiros do parque que saían de turno, non podían falar por radio nin por teléfono cos 3 que estaban entrando a traballar o día 25. A empresa xestora, co fin de recortar gastos, deixa un número limitado de equipos de radio (tamén ocorre coas lanternas), que teñen que ser cedidos polo persoal nos respectivos relevos. É dicir, os 3 bombeiros saintes de turno que traballaban na extinción, tiñan que ceder os seus equipos de radio aos 3 bombeiros entrantes. Noutras empresas, como por exémplo VEICAR, dótase dun equipo de radio persoal e intrasferible (e duas lanternas) a todos e cada un dos bombeiros a finde evitar estes incidentes.

Se xa é imposible contactar cos compañeiros dun mesmo equipo (bombeiros do mesmo parque), máis difícil é facelo con outros colectivos. Bombeiros de Cee queixanse disto e das consecuencias que pode supoñer. "Estaba a traballar nun primeiro andar, con moitísima carga térmica, por riba da sacristía e de repente empezáronme a rociar con auga compañeiros doutra agrupación. Abrasáronme!", queixábase un dos profesionais de Cee. Isto débese a que ao mollar os traxes de extinción, cando se traballa por enriba dos 100ºC, prodúcese unha evaporación interna da auga caída sobre a roupa, producindo queimaduras ao bombeiro. O curioso é que ese bombeiro, no caso de non acudir a súa nova xornada de traballo, por mor dunha baixa médica, perderá un 25% do seu salario ao tratarse dun accidente laboral, polo que moitos acuden igualmente a pesar das feridas.

PROBLEMAS CO MATERIAL

Os bombeiros de NATUTECNIA, levan moito tempo acusando á súa empresa xestora de que non se están a facer os mantementos e revisións pertinentes dos vehículos dentro dos prazos esixidos. Estas queixas, que xa no seu día se notificaran ao Consorcio Contra Incendios e Salvamentro de A Coruña, empezan a pasar factura. O vehículo por excelecia de todo parque de bombeiros, o "primeira saída" ou bomba lixeira urbana, é un camión polivalente, que tanto se emprega para extinción, como para rescate ou excarceración. No parque de bombeiros de Cee, despois de ficar maís dun mes co camión no taller por un problema na bomba, determinouse finalmente poñelo novamente de servizo sen dito aparello de impulsión de auga, polo que este camión de bombeiros xa non se pode empregar nas tarefas de extinción. Por este motivo quedou no parque.

Durante os traballos de extinción, outra bomba, a do vehículo nodriza pesado, camión deseñado expecíficamente para a extinción, deixou de funcionar, tendo os bombeiros que pasar a empregar as motobombas forestais das agrupacións de voluntarios, e máis a bomba do vehículo de altura, (que traballa únicamente a baixa presión, con pouca capacidade de penetración no combustible). Dito vehículo non se puido empregar debido ás fortes rachas de vento.

A falta de mantementos (ou incorrección dos mesmos) por parte da xestora NATUTECNIA, preténdese suplir mediante a encomendación de traballos de taller aos propios bombeiros. "Falamos de equipación que se emprega para salvar vidas. Nós non somos mecánicos. A mecánica destes equipos debe estar revisada e mantida por profesionais na materia, que lle dean unha garantía as reparacións realizadas. Unha cousa é cambiar unha lámpara, outra ben distinta meter as máns a unha ferramenta de extinción ou rescate". "Esta política de avaratamento de costes vai a sair cara algún día"."

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.