Galiza - Forxa! - Convocadas polas organizacións CNT, Forxa! e Asemblea 15M varias dúcias de traballadoras e traballadores da nosa comarca, concentráronse hoxe á tarde ás portas do Edifico Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol en apoio ás greves xerais que se están a desenvolver en Euskal Herria e Grecia, contra os recortes do capital e a prol dunha folga xeral europea.
Varias foron as consignas que se berraron durante o acto, "Non se xoga coa clase traballadora", "Greve xeral desde Grecia a Portugal", "Contra a crise e o capital, greve xeral", etc. Rematouse o acto con varias intervencións públicas a cargo dos representantes das organizacións convocantes.
Foto: Forxa!
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.