Para as federación da área pública da CIG esta decisión é inadmisíbel, toda vez que desde a Xunta se poderían facer recortes en moitas materias antes que facer pagar a crise e o déficit aos empregados/as públicos/as. A secretaria nacional de CIG-Administración comeza pola anulación do Plus dos Altos Cargos e segue coa redución dos múltiples gabinetes e asesores ou a redución destas figuras que teñen neste momento tamén os superdelegados.
Desde a área pública da CIG tamén se propón reducir os gastos en publicidade institucional, nomeadamente no millón de euros que se vai destinar a vender o decreto de plurilingüismo; o parque móbil ou as enormes cantidades que se embolsan os representantes da administración por aparecer na infinidade de Consellos de Administración nos que participan.
Diante desta situación, a CIG fai un chamamento a participar na folga convocada en toda a área pública para o vindeiro día 8 de xuño, porque do seu éxito depende que se poida frear a imposición destas medidas e evitar que se introduzan outras aínda máis lesivas, non só para a función pública senón mesmo para o conxunto da clase traballadora.
Manifestacións convocadas para o 8 de xuño
A CIG ten convocadas para o día 8 de xuño, coincidindo coa folga no sector público, manifestación simultáneas en todas as comarcas.
Santiago. Saída da Para do Toural ás 11:30 horas.
A Coruña. Saída da Praza da palloza, ás 11:30 horas.
Ferrol. Saída de Eduardo Pondal, 41-43, ás 12:00 horas.
Pontevedra. Saída da Praza da ferrería, ás 11:30 horas.
Lugo. Saída da Ronda da Muralla, 58, ás 12:00 horas.
Ourense. Saída do Pavillón dos Remedios, ás 11:30 horas
Vigo. Saída da Doblada, ás 11:30 horas.