1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Ox Diox 13 bigGaliza - Adega - Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da nosa organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976.


Xa que logo de Adega querens ante todo "recoñecer o traballo e o compromiso xeneroso dos milleiros de socios e socias de ADEGA ao longo destes 40 anos. Para eles, para vós, presentes e ausentes, vai o premio Osíxeno de Honra por termar do ecoloxismo galego e defender a natureza do país durante todo este tempo".

Premios Osíxeno 2015 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano

-Premio OSÍXENO 2015, categoría individual: Xesús Asorey Martínez, secretario técnico da AGA (Asociación Galega de Apicultura) pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.

-Premio OSÍXENO 2015, categoría colectivo: á Granxa Arqueixal, referente da produción ecolóxica en Galiza e exemplo de dinamización e posta en valor do medio rural con iniciativas respectuosas e sustentábeis.

Premios Dioxina 2015 ás accións máis nefastas para o ambiente

-Premio DIOXINA 2015, categoría individual:  á empresa ENCE, pola súa teima en seguir contaminando outros 75 anos a ría de Pontevedra e ser responsábel da enorme estensión do eucalipto en Galiza. Neste 2016, ENCE fóra pra sempre!

-Premio DIOXINA 2015, categoría colectivo: Aos "líderes mundiais" responsábeis do decepcionante resultado do Cumio do Clima de París. A súa falla de visión e de responsabilidade ao pechar un acordo sen medidas urxentes nen compromisos vinculantes, supón outra oportunidade perdida na loita contra o cambio climático.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.