1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

14675544594 a63e4808e2Galiza - O Fervedoiro - Varios foron os membros deste colectivo que efectuando labores de control nas beiras do río Gallo puideron ver como moreas e moreas de cascallos de obra e asfalto se comezaron a amorear, estes días, na contorna da Estación Depuradora de Augas Residuais de Meira.


Curioso tamén é que restos de asfalto, estes e outros días, estiveron a se extraer nas obras que se efectúan na Circunvalación de Cuntis e noutras rúas. Dende aquí guindamos aos ventos a pregunta de cal é a razón pola que están aí depositados. Ben, tamén se nos ocorren outras: Que función cumpren eses escombros? Váiselles dar algún uso? A caso labores de reciclaxe de refugallos?

Curioso tamén é comprobar como xa foi aberta, por medio de maquinaria pesada, unha gabia ou gran foxo. Coincidencia talvez? E a onde foi a parar a terra extraída? O estraño é que non apareza ningún cartaz no que se indique que obra se está a levar a cabo,… Por conseguinte, tamén ignoramos o nome da empresa axudicataria, nin o investimento, nin o tempo que se vai investir na “obra”. Unicamente un par de rótulos de prevención de riscos penduran por algures. Pero demasiadas interrogantes alertan de que algo cheira moi mal, e non só no interior da depuradora, senón tamén nos arredores. Fragrancias en flor, aromáticas, que teñen que ver con actuacións que, cando menos, non están claras ou anunciadas pola administración local.
Se cadra somos demasiados escépticos e o que se está é a protexer o medio ambiente, e o que percibimos son obras que o que van facer é resolver o asunto da estación da depuradora e dos vertidos, incontrolados e desmesurados (onte mesmo voltamos comprobar o lamentable estado do río). Para nada ten que ver isto co dito de esconder o po e o lixo debaixo da alfombra.
Cómpre subliñar que o recinto está valado, aínda que varios dos coñecidos “Pasos de Meira” –que recentemente foron recuperados mercé deste colectivo e da asociación ecoloxista ADEGA– fican no interior da superficie circundada. Ben claro queda que a nosa posta en valor destes elementos etnográficos (que son do acervo cultural de todos os cuntienses) nada serve para algúns se non o poden vender politicamente, pois velaí están arestora soterrados por lodos e residuos provenientes da depuradora. E iso que é obriga das administracións velar pola conservación do noso patrimonio (no caso que nos toca o etnográfico e histórico) e igualmente do medio ambiente. Porén, vaites vaites,… isto parece que non vai con aqueles que deben actuar con responsabilidade e dando exemplo. Sabotaxe, se cadra!! Menos cachondeo, que defender a natureza e o patrimonio é responsabilidade de todas e todos, e agardamos que isto non lle sente mal a ninguén.
Sabemos que para facer o foxo fixo falla unha pala escavadora, polo que os chanzos dos “pasos” de Meira podían ser danados, se xa non o foron. E dígase que estes elementos, que poden ser reclamo turístico, puidesen ser ademais un atractivo para o visitante e, por suposto, un xeito de incentivar a economía local de xeito indirecto. Que pouco tacto houbo á hora de pór unha base de cemento do devandito valado sobre un dos pasos! Que opina disto o responsable de Cultura do Concello de Cuntis? Quizais, se cadra, a administración local non ten nada que ver, como nada que ver tivo no proxecto de recuperación e posta en valor dos “Pasos de Meira” que nin un só euro quixo investir.
Pero,… precisemos un pouco máis. As obras que se están a acometer fican fóra das instalacións da depuradora, polo que o funcionamento da propia EDAR (que xa nunca funcionou correctamente) segue sen se tratar. Poderiamos entender que só van “arranxar” os 2 sumidoiros que se atopan nas inmediacións e que non son os únicos focos de vertidos? Agardamos que dende a administración (alcaldía, obras e cultura) se diga algo ao respecto, e que desta volta, polo menos sexa convincente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.