1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cartel xornadas agro VALENZA A3Galiza - PDCB - Organizadas pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e polas Asociacións de Veciños-as de Valenza e Cereo, terán lugar o vindeiro fin de semana en horario de Venres e Sábado.


Estas Xornadas continúan  co obxectivo de poñer en valor os usos agrogandeiros e forestais da comarca fronte aos intentos converter a mesma nunha meganina como pretenden coa coñecida  mina de Corcoesto.

A Primeira parte das mesmas celebrarase o venres 27 de Xuño ás 20 h. no local social de Valenza e no que participan:

Xoán C. Carreira, profesor do Dpto. de Enxeñería  Agroforestal da USC, que falará sobre “ Agricultura a pequena escala”  na que abordará a importancia tanto do seu papel social como da súa produción agraria, fundamental para alimentar á poboación galega. Este tipo de agricultura é unha agricultura de precisión (a mais moderna ) pero feita, sen a axuda do satélite, co traballo, a experiencia e a sabedoría de moitas xeracións de labregos e labregas.

Isabel Vilalba, rexenta unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá. Foi responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesiña, que foi quen lanzou o concepto de soberanía alimentaria como o dereito da xente a decidir sobre as políticas agrarias da súa terra, e de producir alimentos a nivel local. En xuño de 2012 foi elixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Falara sobre este concepto de “Soberanía alimentaria”.

A segunda parte das mesmas celebrarase o sábado 28 de Xuño, terá dúas parte diferenciadas, unha teórica pola mañan ás 11 horas no local social de Valenza, baixo o título “ Producindo alimentos ecolóxicos”. Seguidamente terá lugar un xantar colectivo e a continuación unha parte práctica na horta.

Esta segunda parte estará a cargo de Carmen Freire, labrega que traballa na súa explotación no concello de Rois. Carmen Freire defende que as explotacións familiares dependan máis dos seus propios recursos que das materias primas externas, defende que a agricultura labrega, debería ter en conta que haxa xente vivindo da produción de alimentos (ofrecendo produtos frescos e transformados e en condicións sociais dignas, e dicir, ademais de non explotar a terra, tampouco non explotar as persoas) e de distribución; a a agricultura ten que volver a ser considerada coma un ben social.

A participación nestas Xornadas Agroecolóxicas esta aberta a todo o mundo, unicamente recoméndase que para o xantar colectivo e as prácticas na horta as persoas fagan unha inscrición previa, gratuíta, no teléfono 639630152.

Corcoesto 24 de Xuño de 2014


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.