1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Marcos-ouveo-loboGaliza - ADEGA - As conclusións das III Xornadas sobre o lobo galego deste 26 de abril na Eira da Xoana son preocupantes: Con menos recursos alimenticios, máis barreiras entre hábitats e unha crecente presión cinexética, o lobo non ten garantida a súa supervivencia


O fracaso do Plano de Xestión do Lobo

Tras cinco anos de vixencia do Plano de Xestión do Lobo, advírtese que a conservación da especie continúa baixo un grado de ameaza certo e elevado, manténdose vixentes a totalidade de factores negativos detectados na fase de elaboración do Plano. A viabilidade da poboación e da súa variabilidade xenética, fundamental para preservar a especie, está fortemente condicionada.

Contamos cunha "poboación efectiva" que representa unha reserva xenética cativa, próxima ou no límite da viabilidade, que de quedar exposta a un repentino incremento dun dos seus múltiples factores de ameaza, ou dunha combinación destes, podería derivar en poucos anos a un nivel crítico de recuperación.

A aplicación do Plan de Xestión do Lobo por parte da Xunta non permitiu obter un nivel de información actualizado e permanente sobre o estado da poboación lobeira, situación xenética, determinación dos niveis de mortalidade, episodios de fragmentación, furtivismo, etc. co cal non se cumpriron os obxectivos básicos  do Plano que, consecuentemente, fracasou no establecemento de medidas efectivas para manter a viabilidade da poboación.

Cadea sistemática de incumprimentos da Xunta na aplicación do Plano

Comezando pola falla de seguemento do Plano por parte do Observatorio Galego da Biodiversidade. A este respeito, por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza tampouco se fixeron públicos os informes anuais sobre o grao de cumprimento do Plano, nen se constituíu o foro de participación cidadá.

Houbo unha evidente descoordenación do Plano do Lobo con outros planos sectoriais e actuacións da Xunta, quer o Plano Director da Rede Natura 2000 (nen sequera aparece citado) ou a nova Lei de Caza de Galiza.

No que atinxe ás propostas, a Xunta prestoulle atención preferente ás autorizacións de sacrificio de exemplares en aras dun suposto control poboacional e baixo criterios non selectivos e acientíficos. Nas compensacións por danos, se ben e certo se reuniron periodicamente os comités provinciais de valoración, os retrasos nos pagos foron de máis de seis meses, xunto cunha baremación á baixa do valor indemnizatorio das reses mortas, e a tardanza na convocatoria anual desta liña de axudas. Estas eivas réstanlle moita eficacia a unha medida que resulta estratéxica para abordar a conflitividade social da especie no medio rural.

A percepción social do lobo segue a ser moi negativa

O Plano de Xestión do Lobo tampouco conseguíu mudar entre a poboación a percepción negativa que se ten sobre a especie, o que corrobora o fracaso da promoción e aproveitamento turístico do lobo, da súa posta en valor como patrimonio natural e cultural, e das medidas de sensibilización, información e educación ambiental, chaves para reverter a actual situación.

Pódese dicir sen ningunha dúbida que nestes últimos cinco anos, o éxito ou fracaso da supervivencia dos grupos reprodutores de lobo quedou a expensas das súas propias capacidades e fortuna, adaptación e resposta ao medio, sen que o Plano tivera reportado elementos relevantes capaces de propiciar unha protección efectiva.

Accións urxentes para garantir a conservación do logo galego

SEGUEMENTO POBOACIONAL
-Elaboración periódica (5 anos) de censos de toda Galiza. -Seguemento intensivo anual dunha mostra representativa de grupos familiares que permita detectar a tendencia demográfica.

RECURSOS ALIMENTICIOS
-Caracterización rigorosa das abundancias e densidades de presas silvestres: corzo, cervo e xabarín.
-Censo preciso e estudo da evolución experimentada na poboación de ponis e cabalos de monte.
-Valoración da posibilidade do establecimento de greas de titularidade pública.

MORTALIDADE E PROBLEMÁTICA SOCIAL
-Impulso de medidas preventivas e disuasorias relativas á protección do gando dos ataques do lobo.
-Axilización no pagamento das indemnizacións. Dotación económica da partida destinada a este concepto acorde coa demanda social.
-Persecución do furtivismo cinexético.
-Aplicación dun plano específico de loita contra o uso de velenos. Investigación dos circuitos de distribución de estricnina.
-Impulso da educación e sensibilización social, especialmente nos ciclos do ensino básico.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.