A absoluta falta de rigor do estudo de impacto ambiental presentado pola empresa mineira de Corcoesto non impediu que a Consellería de Medio Ambiente considerase que o proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto é ambientalmente viable por medio dunha resolución que asume integramente o EIA da empresa mineira Canadense.
A DIA, apesar de reconhecer a existência no ámbito de exploraçom mineira de hábitats protegidos polas diretivas comunitárias nom estabelece para eles nengum tipo de proteçom especial, consentido a sua destruiçom. Aliás, o EIA nom catalogava muitas das espécies animais especialmente protegidas polas diretivas comunitárias e que figuram no catálogo galego de espécies ameaçadas, como por exemplo várias espécies de quirópteros (morcegos) presentes nas antigas galerias mineiras, espécies mui susceptíveis de desaparecer e cuja existência é totalmente incompatível com os labores de mineraçom. O mesmo ocorre com outras espécies animais vertebradas e invertebradas objeto de proteçom polas leis comunitárias.
Mas o mais grave do EIA, e agora da DIA, é a inexistência de um estudo do impacto sócio-económico que reflita com total clareza a magnitude da afectaçom da actividade mineira a base socio-económica dos Concellos afectados. Tanto o EIA como a DIA non recollen que a superficie forestal afectada pola explotación mineira está dedicada a silvicultura intensiva para a produción de madeira de primeira calidade para a industria de primeira transformación, tal como acredita a existencia de diversas industrias de serra na contorna. Por outra banda a superficie forestal de Corcoesto forma parte da base territorial das numerosas explotacións de gado da paróquia e por tanto computable aos efectos de obter subsídios derivados da Política Agraria Comunitária (PAC).
A importancia socioeconómica do monte en Bergantinhos ven avalada pola vixente lei 7/2012, de montes da Galiza, que na súa exposición de motivos destaca que na Comarca de Bergantinhos, a atividade florestal figura entre as tres primeiras atividades industriais por emprego gerado, polo que é evidente a existencia dun conflito de intereses entre a actividade mineira e a forestal que non foi avaliada. Este feito revela que a empresa mineira incorreu en falsidade e ocultación de datos cando elaborou o EIA o que dá lugar a unha infracción grave tipificada no artigo 20 do Real Decreto lexislativo 1/2008 polo que se aproba o texto refundido da lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos, que sinala que constitúe infracción grave "a ocultación de datos, o seu falseamento ou manipulación maliciosa no procedemento de avaliación". A Xunta de Galicia ven agora de validar esa ocultación e manipulación maliciosa de datos e convértese en cómplice, a sabendas, dese falseamento o que pode ser considerado como un caso claro de prevaricación.
Desde a Plataforma pola Defensa de Corcoesto considérase que a DIA é un despropósito máis dos moitos que se acumulan na tramitación deste proxecto. Toda a tramitación do proxecto está chea de erros, desde a propia admisión a trámite como proxecto industrial estratéxico sen contar coa documentación mínima esixida polo artigo 41 da lei 13/2011, pasando pola incorrecta clasificación dos residuos mineiros vulnerando a Directiva Comunitaria 2006/21/CE, sobre xestión dos residuos de industrias extractivas, e agora por unha DIA á medida da empresa mineira.
En definitiva, desde a Plataforma consideramos que estamos ante a vulneración máis flagrante nunca vista dos dereitos máis elementais dos cidadáns e dos interesados fronte a administración. Por este motivo, en caso de que a empresa mineira obteña a declaración de proxecto industrial estratéxico e a autorización de explotación, confiamos en que calquera órgano xudicial, mesmo un xuíz en prácticas, declarará nulas tódalas actuacións administrativas e resolverá o fondo do asunto a favor dos veciños de Corcoesto.
Augas de Galicia.-
A raíz do informe científico de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e da Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns, que fixo público a Sociedade Galega de Historia natural, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto esixe a Augas de Galicia que faga o seu traballo e se pronuncie ao respecto.
O estudo científico sinala que a explotación mineira que se proxecta vai agravar a actual contaminación por arsénico das augas do río Anllóns, contaminando a través dos sedimentos o seu esteiro ata niveis inaceptables para a saúde humana e a conservación do ecosistema, incluídos os Lugares de Interese Comunitario existentes na zona (LIC ES1110015 Río Anllóns) e as súas inmediacións (LIC ES1110005 Costa da Morte; ZEPA ES0000176 Costa da Morte).
Reunión cos veciños de Corcoesto
A Plataforma pola Defesa de Corcoesto informa também que domingo dia 23 às 11 horas terá lugar na antiga Escola Unitaria de Corcoesto umha reuniom com a vizinhança de Corcoesto afetada polo projeto.
À reuniom assistirá a professora da Universidade de Santiago e advogada Alba Nogueira, que fornecerá informaçom relevante à vizinhança de como fazer valer os seus direitos frente ao intento da empresa mineira de fazer-se com os montes a preços ridículos, ameaçando con expropiacións cando nom dispom de autorizaçom de explotación, nem a declaraçom do projeto como industrial estratégico.
Foto: Corcoesto