1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280912 ANTESEDESPOIS1Galiza - ADREP - O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, acometeremos o vindeiro sábado, día 29 de setembro, a VII Xornada de traballo de recuperación da Batería de San Cristovo. O horario será de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre en función do tempo de que dispoña cada persoa).


Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de recuperación de espazos públicos e denuncia social, coas que pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade.

As persoas interesadas poden acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles.

Para calquera información adicional, facilitamos o noso correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, e nos teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Foto: ADREP - O antes e o depois.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.