Esta xurisprudencia avala as numerosas recomendacións feitas polo Valedor do Pobo aos concellos (Pontevedra -Q/1907/08-, Coles -Q/55/11-, Monforte de Lemos -Q/588/11-, Salceda de Caselas -Q/1431/11-, Santiago -Q/106/01-, Moraña -Q/920/2008-, Culleredo -Q/576/08-, Monforte -Q/104/10-, Mos -Q/912/10-, Salceda -Q/2007/08-, ...) de cumprir coa obriga de tramitar a Licenza de Actividade Clasificada neste tipo de instalacións por ser unha actividade PERIGOSA recollida no artigo 13 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e por tanto sometida a Avaliación Ambiental segundo o artigo 2.2 do Decreto autonómico 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
En marzo de este ano o propio Valedor do Pobo na entrega no Parlamento galego do seu informe ordinario do 2011 (páx.: 127) recoñece que este incumprimento parte da propia Xunta de Galicia cando a propia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non require este control preventivo, control que a citada sentenza do Tribunal Supremo considera obrigatorio.
A APDR chama as distintas administracións a nivel local, autonómico e estatal a asumir as recomendacións que fai o Consello de Europa (Resolución 1815 de maio de 2011 segundo proxecto 12608) aos estados membros de aplicar o principio de precaución ante a contaminación electromagnética (reducir os límites de emisión, distancia de seguridade das liñas de alta tensión, advertir e educar sobre o uso precoz e indiscriminado do móbil na infancia e mocidade, primar o cable sobre o Wi-Fi nas aulas, dotar de zonas brancas para as persoas electrosensíbeis, ...) xa que "Esperar ... poder provocar uns custos sanitarios e económicos moi elevados, como foi o caso no pasado co amianto, a gasolina con chumbo e o tabaco".
Foto: Terapia del Canguro