1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cidademortaGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela remata o mes de xaneiro este mércores 28 con Xavier Artigas, queestará en Santiago para presentar o seu filme Cidade morta (Ciutat morta, Cataluña, 2014), realizado xunto con Xapo Ortega e que recolle a investigación sobre o chamado caso 4-F, un dos maiores casos de corrupción policial de Barcelona, que acabou co suicidio de Patricia Heras. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


O oito de xuño do 2013, un grupo de 800 persoas ocupan unha sala de cinema abandonada do centro Barcelona para proxectar un documental. Rebautizan o antigo edifcio na honra dunha rapaza suicidada dous años antes: Cinema Patricia Heras. Quen era Patricia? Por que quitou a vida e que ten que ver Barcelona coa súa morte? Isto é exactamente o que se quere dar a coñecer con esta acción ilegal e de gran impacto mediático: que todo o mundo saiba a verdade sobre un dos peores casos de corrupción policial en Barcelona, a cidade morta.

Así comeza Cidade morta, o documental de Xavier Artigas e Xapo Ortega que pretende debullar todo o que existe tras o chamado caso 4F, iniciado no 2006 no desaloxo do teatro ocupado Palau Alòs, en Barcelona. Corrupción policial, falsificación de probas, torturas, xenofobia, ocultamento político, manipulación mediática e a xentrificación e turistificación de Barcelona agochanse detras deste proceso que provocou o suicidio, en abril do 2011 nunha saída da prisión, de Patricia Heras, unha das acusadas e personaxe central do documental.

Financiada unicamente a través dunha campaña de crowdfunding, Cidade morta exhibiuse en varios festivais, acadando uns dez premios, entre eles o galardón ao mellor documental no Festival de Málaga en 2014. Malia ao éxito, a televisión pública catalana, rexeitou participar na coprodución do filme e adiou todo o posible a súa emisión, a pesar de que esta se chegou a ofrecer gratuitamente. Finalmente, e tras acendidos debates parlamentarios, o filme exhibiuse no Canal 33 o pasado 17 de xaneiro. Mais fixoo con 5 minutos eliminados, tras aceptar un xulgado de Barcelona a petición de Víctor Gibanel, ex xefe de información da Garda Urbana de Barcelonal. Contodo, a censura multiplicou o éxito de Cidade morta: o fragmento censurado superou as 800.000 visitas en Youtube e as proxeccións expandíronse por todo o estado, reabrindo o debate sobre o 4-F e outros casos de corrupción policial.

Documental dinámico, polifónico, necesario e construído desde a rabia, se cadra o maior acerto de Cidade morta é a súa capacidade para analizar os distintos intereses que se agochan detrás dun caso como este. Realizado a través da narración dos protagonistas, Cidade morta consegue trascender o formato clásico de entrevistas, para incomodar aos espectadores e obrigalos a formularse ata que punto teñen contribuído para crear unha sociedade enferma.

Xavier Artigas é sociólogo, artista visual e fundador do productor Metromuster. A súa primeira longametraxe, [NO-RES], vida e morte dun espazo en tres actos (2012), foi premiada no Documenta Madrid. Xapo Ortega, pola súa banda, é deseñador gráfico especializado en arquitectura e traballa con grupos ligados aos movementos sociais en Barcelona, xerando material de vídeo de denuncia social e política. No Cineclube contaremos coa presenza do primeiro deles, que presentará o filme e participará nun debate posterior co público asistente.

A cuarta feira seguinte, 4 de febreiro, o Cineclube de Compostela vai acoller unha sesión de tres curtametraxes, coa proxección do único filme dirixido por Jean Genet, Un canto de amor (Un chant d’amout, Francia, 1950) e dúas pezas realizadas por Kenneth Anger: Fogos de artificio (Fireworks, EUA, 1947) e A lúa dos coellos (Rabbit’s Moon, EUA, 1950).

O filme será proxectado en versión orixinal con subtítulos en español. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.

XANEIRO 2015

Mércores 28 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Cidade morta
(Ciutat morta, Xavier Artigas / Xapo Ortega, Cataluña, 2014, 120', VO)
Coa presenza de Xavier Artigas

FEBREIRO 2015

Mércores 4 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Un canto de amor
(Un chant d’amout, Jean Genet, Francia, 1950, 26’, VO)
Fogos de artificio
(Fireworks, Kenneth Anger, EUA, 1947, 20’, VOSG)
A lúa dos coellos
(Rabbit’s Moon, Kenneth Anger, EUA, 1950, 7’, VO)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.