1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cartazxanela-IIGaliza - Amarante - A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada á Comunicación Social e aos medios alternativos de información.


As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse o sábado 24 de maio, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras e debates programados para o sábado.

Pola mañá as actividades serán abertas a todo o público. Iniciarase cun obradoiro sobre a Cultura de transición nos medios de comunicación; e remataremos cun debate en torno à Comunicación Social. Unha mesa na que contaremos, entre outros convidados, con Galiza Contrainfo e Irmandade TV. As actividades desta xornada estarán dinamizadas e coordenadas por Galiza Ano Cero.

A importancia dos medios de comunicación e o xeito de interpretar a realidade con independencia, onde as organizacións sociais temos moito que dicir, será o eixo central desta xornada. A comunicación social é imprescindible nos tempos que estamos a vivir. Coñecer a reflexionar cos medios galegos que están creando outro xeito de comunicar é importante de cara a construír outro xeito de informar e transformar.

Programación:

Resistencias IV: Comunicación Social e medios alternativos. Sábado 24 de Mayo. CIAC - Compostela

10.30 – 12.30 A Cultura de transición nos medios de comunicación. Galiza Ano Cero.

13.00 – 14.30 Debate sobre a Comunicación Social. Amarante Setem

17.00-20.00 Formación interna para as persoas inscritas no Xanela: preparando as viaxes.

Con esta V Xornada remata a formación no Xanela e as persoas que completaron a formación preparan xa as súas estadías coa organización do Movemento dos Sem Terra do Brasil e a Asociacion de Mulleres do Téxtil Attawassoul de Marrocos, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.