Estamos felices de que fora tan doado contar coa vosa solidariedade, e que fora tan rápido. Estamos orgullosas das mostras de cariño recibidas. Non temos máis palabras que unha: Grazas!!!
Aínda fican 38 días por diante para continuar a reforzar este proxecto de comunicación alternativa, e aínda tedes a vosa disposición moito material donado por colectivos sociais, medios de comunicación, autoras/es e creadoras/es do mundo audiovisual, literario e teatral, do mundo da música e de pequenos negocios de amigos, para que continuamos tamén visibilizando o activismo, a cultura e a solidariedade galega e en galego!
Foto: Galiza Contrainfo