1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120528 PuntoGalGaliza - Puntogal - A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente que goberna as direccións de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, pero a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal . Con motivo da remisión da candidatura do puntoGAL, a Asociación organiza unha presentación e unha mesa redonda o próximo martes, que será inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.


Nos relatorios participarán, entre outros, representantes da Fudació Puntcat (que xestiona o .cat, o dominio da lingua e cultura catalás), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura de Galicia, EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero.

O acto servirá tamén para explicar os prazos do exame da ICANN e a futuras formas de rexistro do .gal .

O acto terá lugar o próximo martes 29 de maio no auditorio da Biblioteca de Galicia en Santiago a partir das 12 horas. Os socios de puntoGAL , os representantes das organizacións que traballan coa lingua e as novas tecnoloxías en Galicia e todos aqueles interesados en contribuír a espallar o dominio para a lingua e a cultura galegas están convidados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.