1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

231110_quicoGaliza - Galiza Hoje - Ten 85 anos, combateu contra o franquismo na guerrilla durante máis dunha década e a próxima semana estará en Melide para participar no seminario de Nova Escola Galega sobre os maquis. Francisco Martínez 'Quico' é o supervivente dunha época e dunha loita ao que o tempo –confesa– non lle amorteceu o seu espírito revolucionario.


Francisco Martínez Quico, un dos últimos superviventes da guerrilla contra o franquismo, asistirá ao I Seminario sobre a Memoria Os maquis na Vía Láctea, que se celebrará en Melide os próximos 26 e 27 de no vembro. Quico participou activamente nas actividades guerrilleiras desde os dezasete anos, e conserva unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo testemuña única no coñecemento e na análise dos maquis na súa loita contra a ditadura que instaurou o golpe de estado militar de 1936. Quico, que actualmente reside en Alacant, aceptou a invitación da organización do seminario, Nova Escola Galega, para participar nas xornada tanto na súa parte teórica como no percorrido de campo sobre o terreo no que se moveu a guerrilla na Ribeira Sacra.

Nacido en 1925 en Cabanas Raras (O Bierzo) no seo dunha familia campesiña, Quico uniniuse aos guerrilleiros e entrou na clandestinidade armada en 1947. Foi membro da mítica guerrilla de Manuel Girón, que mantivo entre Galiza e León unha inxente actividade de combate e propaganda até 1951 ano no que, nunha evasión chea de perigos, consegue penetrar en Francia, país onde se exilia e continúa as súas actividades antifranquistas.

O seminario comeza o 26 cunha conferencia de Carlos Parrado Garrea sobre O Curuxás, o guerrilleiro que Franco non cazou, en lembranza do último guerrilleiro da Ulloa. O programa inclúe tamén actividades en Chantada, onde se visitarán os escenarios onde actuaron os derradeiros maquis do país.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.