A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). No transcurso desta palestra representantes de diversas organizacións e colectivos de acción social vencellados tradicionalmente ao traballo neste eido aportarán distintos puntos de vista sobre o pasado, e fundamentalmente o presente do fascismo, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual desta problemática que parece ir cobrando auxe no actual contexto político e socioeconómico de Europa.
Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:
- Fernando Rodríguez Carpizo (CNT)
- Francisco Sampedro (CUT)
- Manuel Hermo (Espazo Ecosocialista Galego)
- Manuel Alonso (Esquerda Anticapitalista Galega)
- Poñente por confirmar (Partido da Terra)