Foto de Daniel Lobo (CCby/2.0) - As e os vendedores de rua estrangeiros foram vítimas de umha contínua caçada policial em cidades como Corunha.
Unha primeira cuestión fundamental, que veñen demandando dende hai moito tempo, é a extensión das prestacións, axudas e servizos públicos de benestar social ás persoas residentes nos concellos que se atopen en situación de irregularidade administrativa. A condición de veciñanza debe ser suficiente, cumprindo lóxicamente co resto de requisitos que se establezan, para poder acceder en igualdade de condicións a axudas de emerxencia, bolsas de comedor, servizos de asesoramento, bonobuses, servizos de gardería, rendas de solidariedade, etc.
Outra cuestión básica é a posta en marcha (teñen que poñerse , porque na actualidade non existen) de servizos públicos específicos de atención ao colectivo de persoas migrantes de cada concello, alomenos nas cidades e vilas significativas. Uns servizos amplos e de calidade (asesoría xurídica, traballo social, axuda na xestión de documentación). As persoas migrantes, que teñen que facer e renovar periódicamente documentación complexa, precisan uns servizos específicos que debe ofertar o propio Concello, porque falamos de veciñanza e de cidad@s cos mesmo dereitos que o resto.
Unha terceira cuestión importante é o control político e cidadá das actuacións que cara ao colectivo migrante desenvolven ás policiais locais. Éstes funcionarios públicos deben estar ao servizo dos cidadáns e non deben desenvolver actividades de persecución do colectivo de persoas migrantes, que non lles competen en absoluto. Vimos de tempos que en cidades como Lugo, Santiago, A Coruña, ou Ferrol era moi común a intervención de policiais locais con persoas migrantes moitas veces de forma agresiva ou directamente violoenta, solicitando, por riba das súas competencias, información sobre a situación administrativa destas persoas. Isto derivaba de forma sistemática no traslado destas persoas ás Comisarías da Policía Nacional, insisten, "fora claramente da súas competencias". Esas competencias teñen que ver coa ordenación de tráfico, regulamentación de mercados e moitas outras cuestión, entre ás que non se atopa o control da situación administrativa das persoas migrantes.
Solicitan do FGI tamén na mesma liña, cando acabamos de coñecer que, segundo datos da propio Ministerio do Interior, no pasado ano 2014, producíronse 593 detencións en Galicia de persoas inmigrantes con ingreso nos calabozos policiais, por cuestións relacionadas coa documentación (case dúas persoas son detidas en Galicia cada día por esta cuestión), que as novas coroporacións municipais impidan e denuncien as redadas racistas que se producen nas nosas vilas e cidades. Redadas, que segundo a propia Policia Nacional, "non se poden realizar por criterios raciais, pero que se realizan lamentablemente".
Por último, evitar que a Policia Local, como ten feito nestes últimos anos, serva ou colabore na persecución dos movementos sociais e d@s activistas que loitamos pola defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia”.