1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121213 antenaGaliza - APDR - A APDR solicita aos concelhos que se situem em defesa das suas competências e da saúde perante a agressom que supom o Projeto de Lei de Telecomunicaçons.


 

A APDR ven de presentar aos alcaldes e grupos municipais de Pontevedra, Vilaboa, Poio, Marín, Bueu e Cangas unha moción para os plenos da súas corporacións sobre ás implicacións do proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións (actualmente no Congreso) solicitando a elaboración dun informe xurídico sobre a situación real en quedan as súas competencias, informar a cidadanía sobre como afecta aos seus intereses, dereitos (expropiacións forzosas) e á desprotección da saúde, e impulsar unha campaña de concienciación dentro da Axenda 21 escolar polo uso moderado e racional de teléfonos móbiles entre as nenas e nenos, na liña proposta pola Asemblea Parlamentar do Consello de Europa, alertando dos riscos específicos do uso precoz, indiscriminado, prolongado e inadecuado dos teléfonos móbiles e doutros dispositivos emisores de microondas.

A Asociación Pola Defensa da Ría, membro da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (con representación, entre outros, do movemento veciñal e ecoloxista), denuncia que o proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións non ten en conta as recomendacións da Resolución 1815 de maio de 2011 da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa aos seus estados membros polo risco potencial para a saúde dos efectos biolóxicos non térmicos dos campos electromagnéticos “en niveis inferiores aos limiares oficiais”, recentraliza as competencias propias da Xunta de Galicia e dos concellos galegos e prima a ocupación do dominio público polas teleoperadoras nos procedementos de expropiación forzosa e nas limitacións da propiedade.

En nome da competencia exclusiva, este proxecto somete directamente o despregue de redes públicas de comunicacións electrónicas ás disposicións estatais, elimina a competencia municipal para outorgar licenzas (perdendo o estudo da avaliación ambiental) e as competencias municipais e autonómicas no eido das telecomunicacións (medio ambiente, ordenación urbana e territorial e saúde pública), e desprotexe xuridicamente en materia de saúde e consumo: non aplica o principio de precaución (recoñecido no art. 3 da Lei 33/2011 Xeral de Saúde Pública) e deixa en mans privadas e intereses comerciais as consideracións relativas á expropiación forzosa e as infraccións graves.

Diferentes sentenzas do Tribunal Supremo xa recoñeceron (senón supón inseguridade xurídica ou facultade omnímoda) a competencia municipal de protección sanitaria á poboación para reducir niveis de exposición aos campos electromagnéticos, establecendo medidas adicionais de protección ás establecidas no Real Decreto 1066/2001 (fixando limiares de exposición menores e espazos protexidos no planeamento urbanístico). A perda destas competencias, entre outras, cuestionaría a capacidade municipal e autonómica na aplicación das recomendacións protectoras da saúde e do medio ambiente da citada Resolución 1815 do Consello de Europa na liña de emprender "todas as medidas razoables" para reducir a exposición aos campos electromagnéticos, “e en particular a exposición da infancia e mocidade, para quen o risco de tumores da cabeza parece maior".

O proxecto de lei limita a competencia autonómica e municipal a un papel subsidiario coa realización de informes non vinculantes, papel similar ao do interesado nun procedemento administrativo, tanto nos procesos de expropiación forzosa (art. 29 do proxecto presentado) como para impor obrigatoriamente localizacións compartidas de infraestruturas e recursos asociados e a utilización do dominio público ou a propiedade privada, nun procedemento que se fixará regulamentariamente por Real Decreto, residenciando a competencia exclusivamente no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, resolvendo, no caso de conflito, a Comisión Estatal dos Mercados e a Competencia (art. 32 do proxecto).

Por todo o exposto a APDR solicita aos concellos tomar as medidas que teñen nas súas mans valorando xuridicamente a nova situación creada, informando da mesma á cidadanía e impulsando campañas educativas para infancia e mocidade na liña de Principio de Precaución proposta pola Asemblea Parlamentar do Consello de Europa, alertando dos riscos específicos do uso precoz, indiscriminado, prolongado e inadecuado dos teléfonos móbiles e doutros dispositivos emisores de microondas.

Pontevedra 11 de decembro de 2013

Xulio Carmona, pola xunta directiva da APDR

  • Ver Resolución 1815 de maio de 2011 da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa, “Perigos potenciais dos campos electromagnéticos e os seus efectos sobre o medio ambiente”:

  • http://www.apdr.info/electrocontaminacion/Documentos/Institucions_Europeas/Resolucion.A.P.Consello.Europa.27.05.11.pdf

  • Ver anteproxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións:

  • http://www.peccem.org/DocumentacionDescarga/Legislacion/estatal/Anteproyecto_LGTel_2012.pdf

  • Ver consideracións ao anteproxecto de Lei da Plataforma Estatal contra la Contaminación Electromagnética: http://www.peccem.org/DocumentacionDescarga/Legislacion/estatal/PECCEM_Alegaciones_LGTEL_julio2013.pdf

  •  


    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Microdoaçom de 3 euro:

    Doaçom de valor livre:

    Última hora

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

    Desenhado por Eledian Technology

    Aviso

    Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

    Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

    Clique em uma das opções abaixo.