No transcurso desta palestra achegaranse os testemuños de diversas persoas vítimas da tortura e a represión, vencelladas a colectivos de acción social e traballo neste eido, e que viviron ou viven de xeito directo os procesos e consecuencias destas prácticas, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual desta problemática aínda presente (e silenciada) no Estado español.
Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:
- Óscar Gomes (Activista de CEIVAR)
- Activista da campaña Carceré = Tortura
- Francisco Rodríguez Veloso (Vítima de Torturas)
- Miguel Angel Gomez (membro da Comuna Presxs do Franquismo)
- Flor Baena (Irmá de Xosé Humberto Baena, vítima do Franquismo)