1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

semana rbis webGaliza - ODS-Coia - Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro "Repartindo a nosa riqueza", publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).


Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar. A longo prazo, a proposta trata de contribuír á transformación social desde parámetros de equidade e xustiza social.

Palestras, aulas abertas co alumnado de Traballo Social, un obradoiro sobre Renda Básica e Xénero, a gravación dun documental divulgativo sobre esta proposta e xuntanzas con profesionais do ámbito social e colectivos en situación de exclusión, como persoas con VIH, familiares de presas e presos, ou mocidade, son algunhas das actividades que compoñen a programación desta primeira semana galega pola RBIs.

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta, colectivos sociais de distinta índole, mais que coinciden na necesidade de facer fronte á precarización das condicións de vida nos que se atopan polo menos seis de cada dez fogares galegos -segundo os últimos datos do IGE referidos ao ano 2012-, decidiron dar un paso máis na loita polo dereito a vivir dignamente. Moverse para dar a coñecer unha proposta que, de ser implementada, garantiría que ao menos persoas en situación de maior exclusión, puideran dispoñer dunha renda ao redor dos 800 € ao mes.

Entre os colectivos que están a organizar esta 1ª Semana Galega pola RBIs están: Coordinación de Loitas Baladre, Oficina de Dereitos Sociais - Coia, Grupo de Axitación Social, Grupo IMÁN, CS Bou Eva (Vigo), Colectivo de Benestar Social, Encontro Social de Ferrolterra, Coruña en Loita, Liga Estudantil Galega, Colectivo Na Encrucillada e a Cova da Terra (Lugo) ou a CNT e o Ateneo Libertario de Allariz.

A continuación, a programación completa de actividades:

25 Xaneiro
Pontevedra. 20:00hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". CS O Gorgullón Organiza: Colectivo Encontro Benestar Social.

26 Xaneiro
Coruña. 12:00hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza" Fórum Própolis.
Compostela. 16:30hs Obradoiro "A RBis desde unha ollada feminista". Libraría Lila de Lilith.
Vigo. 17:00hs CS Xuntas.
Ferrol. 18:00hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza"- Local Asociación Fuco Buxán. Organiza: Encontro Social Ferrolterra

27 Xaneiro
Allariz. 18:00hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Local Confederal da CNT. Organiza: CNT e Ateneo Libertario

28 Xaneiro
Ourense. 19:30hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Espazo Cultural Alternativo (EsCuA)

29 Xaneiro
Compostela. 19:00hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Facultade de Cc. Económicas. Organiza: Liga Estudantil Galega.
As Pontes. 20:00hs Sala Polivalente Casa Dr. Dopeso.

30 Xaneiro
Lugo. 19:30hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Facultade de Formación do Profesorado. Organiza: Cova da Terra e Na Encrucillada.

31 Xaneiro, Peche das actividades en Vigo.
11:30hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Centro Cívico Casco Vello. Organiza: IMÁN.
20:30hs Presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza". Centro Social Bou Eva.

Foto: ODS-Coia


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.