1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

160214 coiaGaliza - ODS-Coia - Un gran número de persoas, que chegou en varios momentos da xornada ao centenar, levamos a cabo o sábado 15 un peche de 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.


 

Convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS) e o Colectivo Imán, pechámonos, dende as loitas cotiás e comúns destes colectivos, porque nos pechan todas as portas; pechámonos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten; pechámonos, en fin, para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.

Pola mañá compartimos información e experiencias nun obradoiro sobre as axudas sociais autonómicas e municipais, e despois o Colectivo Imán falounos do Programa Sereos do Casco Vello e do conflito xurdido polo peche do local onde era desenvolvido o traballo diario. Tralo xantar común, reflexionamos a partir da proxección do documental "La plataforma", que da conta das orixes e do traballo realizado pola PAH (Plataforma de Afectados por la Hipoteca). A media tarde o grupo de rap formado por rapaces do barrio de Coia "Ostiapadre" interpretou para nós as súas letras críticas co sistema; e finalmente puxemos fin á reflexión cunha charla-coloquio onde se pretendían achegar algunhas alternativas reais á situación actual de empobrecemento e precariedade, coa presentación, por parte da PAH e da ODS-Coia, de dúas Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) que están a impulsar respectivamente: a ILP de Vivenda e a ILP da Renda Básica. A xornada rematou cunha cea compartida e a intuición de que, na loita cidadá polo dereitos sociais, compartir espazos, experiencias e iniciativas, nos enche de novas forzas a todas as persoas e colectivos implicados.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.